Lingua cree das chairas
Cree das chairas ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ nēhiyawēwin | ||
---|---|---|
Falado en: | Canadá | |
Rexións: | Manitoba, Saskatchewan, Alberta, Montana | |
Total de falantes: | 3.200 (2001–2016) | |
Familia: | Álxico Algonquino Cree-montagnais-naskapi[1] Cree Cree das chairas | |
Escrita: | Alfabeto latino, alfasilabarios nativos canadenses | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Territorios do Noroeste (Canadá), como "cree"[2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | crk
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua cree das chairas (cuxo endónimo é: ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ nēhiyawēwin; ou de maneira alternativa: ᐸᐢᑳᐧᐃᐧᓃᒧᐃᐧᐣ paskwâwinîmowin "lingua das persoas das chairas")[4] é unha variedade da lingua cree, da familia algonquina, a cal é a máis falada das linguas indíxenas canadenses. O cree das chairas considérase un dialecto da lingua cree-montagnais ou un dialecto da lingua cree distinto da lingua montagnais. O cree das chairas é un dos cinco principais dialectos do cree neste segundo sentido, xunto co cree dos bosques, cree dos pantanos, cree moose e o atikamekw. Aínda que non se favorece ningún dialecto único do cree sobre outro, o cree das chairas é o que máis se usa. Dos 116.500 falantes da lingua cree, a variedade de cree das chairas é falado por preto de 34.000 persoas principalmente en Saskatchewan e Alberta, mais tamén en Manitoba e Montana.
O número de persoas que poden falar unha lingua indíxena, como o cree das chairas, aumentou. Por exemplo, no censo de 2016, 263.840 persoas podían falar unha lingua indíxena o suficientemente ben como para manter unha conversación. Entre 1996 e 2016, o número total de persoas que sabían falar unha lingua indíxena aumentou un 8%. O número de falantes de cree das chairas aumentou de xeito semellante xunto co aumento da poboación nos últimos 20 anos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hammarström, Harald; Forkel, Robert; Haspelmath, Martin; Bank, Sebastian (2022-05-24). "Cree-Montagnais-Naskapi". Glottolog. Max Planck Institute for Evolutionary Anthropology. Arquivado dende o orixinal o 2022-10-15. Consultado o 2022-10-29.
- ↑ "Official Languages of the Northwest Territories" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2013-12-06.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Plains Cree language". Plains Cree Dictionary. Algonquin Dictionary Projects. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ *Stats Canada
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |